Mes do libro: Prensa Literaria Creativa

 Con noticias cómicas dos nosos referentes literarios, os rapaces participaron na divertida actividade de prensa literaria creativa e cómica. Nos seus traballos aparecen desde anuncios onde Alcahueta Celestina nos ofrece a lectura do tarot, embruxos e amarres ata outros onde a célebre escola de D. Alfonso X o Sabio busca traductores.

Non faltan sucesos delirantes como no que Frai Luis de León se convirte nun recoñecido e perigoso haker ou o Arcipreste de  Hita no Casanova da súa época.

Graciñas a nosa colaboradora e membro do Equipo da Biblio, Fe Cortiñas, por esta divertidísima e orixinal actividade.


 
 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Mes do libro: Taller de Apólogos e Sentencias.


 Este curso, no mes do libro, dende BiblioCabe, quixemos rendir unha homenaxe ás Escolas de Traductores Medievais polo seu labor de crear unha senda de integración e colaboración que abraia ao mundo.

Con esta maravillosa e orixinal idea da nosa compañeira Fe Cortiñas, membro do Equipo da Biblioteca e profesora de Castelán, realizamos un Taller de Apólogos e Sentencias. Graciñas miles a Fe, así como a Ángeles polas preciosas flores que contribúen á decoración neste mes inicio da primaveira. Graciñas miles ás dúas!!























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 

Entrevistando á Periodista Manola Porto.

 Hoxe o alumnado de 2ºESO tivo a oportunidade de entrevistar na nosa Biblioteca, a Manola Porto, locutora de Onda Cero Monforte. Esta entrevista forma parte do traballo que están facendo na materia de Lingua Galega. Fixeron moitas preguntas ás que Manola respondeu con infinidade de detalles e enorme amabilidade mais se cadra o que máis lles chamou a atención foi que, de non traballar na radio, sería florista. Moi pronto a entrevista completa poderá lerse no xornal mensual do Río Cabe, "Todo nun segundo". 

Grazas a Manola Porto, aos alumnos de 2ªESO e especialmente á súa profesora, Sara, por esta preciosa iniciativa.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Presentación de Foteini sobre a importancia da lingua grega nas linguas modernas.


 Foteini, profesora visitante do programa Erasmus +  realizou unha interesantísima pesentación sobre a importancia do grego nas linguas modernas, na Biblioteca. Os rapaces tiveron a gran oportunidade de facerlle preguntas , achegarse un pouco máis ao mundo heleno e mesmo de realizar un acróstico e xogar a un Kahoot. Ademáis de enriquecedora e interesante resultou unha actividade moi divertida. Grazas Foteini pola xenerosidade de  acercarnos un pouco da tua lingua e cultura!


Rematamos este venres coa actuación do grupo de música da Biblioteca (neste caso Xurxo e Nerea) con George, o compañeiro grego que nos visitou. Aínda que con culturas e linguas tan diferentes, o tema Miña Terra Galega sonou cunha maxia moi especial. Ao final vemos que Non hai fronteiras !!!!!!!!
 

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador